INGREDIENTES:
4 Berenxenas medianas.
100ml aceite de oliva.
100gr de iogur.
1 dente de allo.
o xume dun limón.
sementes de sésamo.
sal e pementa.
PREPARACIÓN
Asamos no forno (30min) as berenxenas partidas en 2 (cun corte lonxitudinal). Faille incisións na pulpa antes de meter no forno.
Unha vez feito sacamos a pulpa cunha culler e aplastamos cun tenedor.
Engadimos o aceite, o iogur e o allo intentando unha mezcla ben mesturada (todo isto pódese facer coa batidora).
Aliña con zume de limón, sal, pementa e sementes de sésamo ao gusto.
Sérvese tíbio nun bol acompañado de tostas, panecillos...
Comments