COMO MERCAR
Compra
Compra
Pódense facer pedidos ata o Domingo ás 22h e serán entregados os xoves.
Os pedidos que cheguen despois desa hora serviránse na semana seguinte.
Para calquera incidencia, póñase en contacto con Seitura por teléfono (Monica: 616639439) ou por correo electrónico (seitura.agricultura.ecoloxica@gmail.com).
Pago
O pago é necesario antes do envío
O pago pódese realizar con tarxetas de crédito e débito.
Os datos da súa tarxeta serán necesarios para realizar a solicitude.
O cargo na súa conta faráse de xeito inmediato polo importe da compra e o custo do envío se é o caso.
Envío
Neste intre dispoñemos de 2 modalidades de entrega:
-
Puntos de recollida
-
Envío a domicilio
-
Recollida na horta (próximamente)
Pesos e cantidades
Os pesos dos produtos son estimados
Como a venda se realiza antes da recollida, non podemos garantir un peso exacto do produto. Se o peso do produto e moi inferior aos pesos mínimos indicados na ficha do produto faremos un reembolso á súa conta, previa solicitude.
Se o seu peso é superior, obterán ese produto extra de balde.
Se non houbese algún produto dos indicados, ou ben se substitue por outro ou ben se incrementa o peso dos existentes na cesta.