Os galiñeiros son un dos elementos máis importantes do noso proxecto polas relacións e beneficios que nos aportan.
Neste espazo obteremos ovos, carne, esterco e espazos de cultivo.
Temos varios patios ou parques, onde as galiñas están durante todo o día.
Aquí poden pasar 4/6 meses aproximadamente comendo o que hai, pastando.
Despois deste tempo os animais cambian de patio, é dicir, múdanse a outra parcela na que o solo está mais fresco e verde.
Deste xeito podemos dicir que hai patios de inverno e de verán.
Os de inverno teñen maior protección contra certos fenómenos atmosféricos: inclinación do chan para evitar inundacións e protección con malla de ocultación para mitigar os fortes ventos da zona.
Os patios de verán teñen árbores froiteiras; ainda pequenas; e terán parras ou emparrados de kiwis para darlles sombra.
O funcionamento é sinxelo: aínda que hai comida e auga no patio (sempre hai cereais e restos de horta), pretendemos que teñan acceso a pasto. Así pasan o día remexendo na terra na procura de bichiños e sementes, deixandoa remexida e libre de malezas.
Deste xeito os patios, cando as galiñas marchan, están prácticamente listos para convertirse en pequenas hortas, listos para que sementemos/plantemos neles pois a terra está mullida, desherbada e aboada.
Cando toca o seguinte cambio as galiñas comen os restos de colleita, os excedentes da horta, así como todas as herbas e insectos que poidan aparecer.
A terra descansa e rexenerarse ciclicamente.