top of page

As mostazas

As mostazas pertencen a unha variedade de repolos (brásicas ou cruciferas) extremadamente ricos en vitaminas. Son moi saborosas.

As follas conteñen abundantes vitaminas B1, B2, B9 e C, provitamina A, fibra e un conxunto completo dos minerais máis importantes.

Pódense usar en ensaladas, bocadillos ou como acompañamento ás carnes.

En xeral, como crucíferas que son o seu aporte nutricional é alto (como o breco, por exemplo). As ensaladas e os salteados son o xeito mellor de consumilas sen que perdan as súas propiedades.

Esto as fai ideais para as ensaladas e woks do outono-inverno. Permítenos incrementar a inxesta de brásicas sen recurrir aos tradicionais produtos desta familia (breco, couve flor e repolo)

Falemos das 3 mais coñecidas: o Tatsoi, a mizuna e a mibuna.

Xunto coas kales, as mostazas amplían o universo das crucíferas tan habituais na nosa dieta atlántica.


Falemos das 3 variedades mais coñecidas:


O Tatsoi ten un talo fino que remata cunha folla redondeada. O seu sabor non é especialmente intenso, pero o seu aroma é doce e recorda a froitas como a cereixa ou o melocotón, o que o fai perfecto para combinar con sabores como as noces.







Beneficios do tatsoi para a saúde do noso corpo:


1. Bo para os ósos: porque ten un alto contido en calcio. Unha cunca ou 100 g de follas verdes frescas de tatsoi, proporcionan un terzo do valor diario de calcio que necesitamos. Este mineral cumpre funcións vitais para o bo funcionamento do organismo, especialmente para manter os ósos e os dentes fortes e sans.


2. Bo para o sistema inmunitario: contén o dobre de vitamina C que laranxas e limóns, o que axuda a manter o sistema inmunitario forte e activo. Ademais, a vitamina C ten propiedades antihistamínicas, ideais para enfrontarse a alerxias.


3. Mellor visión: As súas follas frescas teñen un alto contido en carotenoides e vitamina A, o que axuda a retardar a dexeneración macular relacionada co envellecemento nun 43%, previndo todo tipo de enfermidades dos ollos.


Como usalo na túa cociña? O seu sabor permítenos combinalo con rúcula ou espinaca. Ademais, casase dun xeito moi especial con alimentos como cogomelos ou soia. Unha composición ideal para mellorar aínda máis o seu sabor é engadir mozzarella ou ceboliña aos seus pratos con tatsoi, é delicioso!


O Tatsoi pódese preparar tanto en ensaladas como en pratos quentes. Unha das opcións é cortala en tiras finas para saltear e engadir como prato. Hai que ter en conta que ao cociñar pode perder as súas propiedades e nutrientes, polo que é recomendable cociñalo brevemente.


A opción perfecta para tomar ensalada é engadir: brócoli, aguacate, arándanos, queixo feta, topping de froitas vermellas e mango e un pouco de mel e mostaza, perfecto para aderezar. E así teriamos a ensalada de inverno perfecta. Unha ensalada moi completa, especialmente deseñada para o outono, o inverno.


Mizuna é un vexetal de folla xaponesa, que crece como unha gran roseta (cabeza) de follas finamente diseccionadas. As follas teñen un sabor característico de repolo, e úsase en ensaladas (con leituga, escarola, rúcula ou espinacas) tamén cociñadas. Os tallos mozos con flores poden cociñarse como brócoli.

Semellante á mizuna, pero cun aroma máis forte é a mibuna. As follas son excelentes nunha ensalada ou salteadas.



10 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page