PASOS PARA CREAR UN GRUPO
-
Contactade con Seitura para ver as posibilidades de abrir un novo grupo de consumo.
-
É importante coñecer o número de persoas que formarían parte do grupo e a frecuencia aproximada de compra (semanal ou quincenal) de xeito que poidamos calcular se temos posibilidade de ofertar o servicio.
-
Importante: cando contactedes con nós indicade o nome do grupo e o posible enderezo de recollida dos pedidos, as condicions do lugar de recollida, se as hai...
-
No caso de non dispor dun espazo para recoller os pedidos comentádeo e tentaremos axudar neste tema.
-
-
CREANDO O GRUPO:
-
É importante que nos indiquedes os nomes e correos dos membros do grupo (pode ser por correo, teléfono...)
-
Cada membro do grupo debe rexistrarse na tenda. Unha vez rexistrados, se estás na lista do grupo te asignaremos ao mesmo. Deste xeito poderás gozar dos descontos existentes e non se che cobrarán os gastos de entrega.
-
-
Cada membro do grupo mercará e pagará individualmente o seu pedido e Seitura enviará os pedidos no lugar acordado polo grupo ao que pertences. Lembrade indicar o voso punto de recollida no momento de pechar o pedido(verás o nome do teu grupo na lista de puntos de recollida da nosa tenda).
Non tes que esperar a que se confirme todo o pedido do grupo para facer a túa compra. Cada membro mercará ao seu ritmo.
Tede presente que a produción é limitada, polo que non sempre poderemos garantir que non colgaremos o cartel "todo o vendido" en algún produto antes do peche da venda.