O REXISTRO
O rexistro na tenda de Seitura
O rexistro na tenda en liña NON usa o xeito tradicional (nome de usuario e contrasinal) para que os clientes creen unha conta ou inicien sesión na mesma.
Así funciona:
-
Deben facer clic na ligazón "Iniciar sesión", introducir o seu enderezo de correo electrónico. Despois pulsar o botón "Obter enlace de inicio de sesión".
-
A ligazón para acceder á tenda chega a bandexa de entrada do seu correo electrónico (lembra revisar as carpetas "spam" e "notificacións".
Por iso é importante o emprego dunha conta de correo de uso habitual e que a que poidas acceder no momento de facer a compra.
O inicio a través dunha ligazón ten varias vantaxes:
- Os clientes non precisan lembrar contrasinais.
- Despois de facer un pedido, créase automaticamente a conta de cliente para o enderezo de correo electrónico empregado.
- Nesta conta poderán ver: todos os pedidos realizados, o estado no que se atopa o seu pedido (enviado, entregado, pendente de envío...), descargar as facturas...
Este é un xeito máis seguro de iniciar sesión que usar un nome de usuario / contrasinal. Dado que a ligazón de inicio de sesión se envía ao enderezo de correo electrónico, só o propietario do enderezo de correo electrónico pode iniciar sesión na conta.