Crema de Grelos

30 min

2 comensais

Falando de...

Esta crema podémonola comer así (está boísima) pero tamén serve como base dalgún prato máis elaborado.
Por exemplo vaille moi ben o xamón crujiente como acompañamento, para iso só temos que cortar o xamón en finas lonchas e pasalo polo micro durante un minuto, controlando o crujiente cada 30 segundos para non pasarnos. Partímolo en migallas e espolvoreamos por encima da crema. Se tedes uns lagostinos ou un bo anaco de rape, iralle de perlas se os preparades volta e volta á prancha. Podedes cubrir un prato fondo cunha cucharada de crema e o marisco por encima. Ideas moitas.

Pasos

Poremos unha cazuela con abundante auga con sal (ao gusto) e un chisco de bicarbonato (a puntita do coitelo) leste axudará a fixar a cor dos grelos, este truco vale para as demais verduras como as espinacas ou as acelgas. 


Cando comece a ferver, cocémolos de cinco a dez minutos.


Refrescamos en auga fría, os escurrimos ben e reservamos. 


Unha vez que temos os grelos cocendo, cortamos a cebola e o allo porro en fina juliana, e sofreímos todo nunha cazuela a lume medio con tres cucharadas de aceite de oliva virxe extra a lume medio. 


Pelamos e picamos as patacas en dados pequenos, canto máis pequenos mellor, así se pasan antes e engadímolos á cazuela co leite enteiro. 


Deixamos quentar e cando empece a ferver engadimos uns queixiños, estes vanlle a deixar o puré moi cremoso. 


Deixamos que se cociñe ata que empeza a burbujear, que está a piques de ferver pero non arrinca, e cando vemos que as patacas comezan a desfacerse engadimos as follas dos grelos xa cocidas que temos reservadas. 


Seguimos cocendo todo xunto uns 10 minutos. 


Probamos se está ben de sal e rectificamos se é necesario, a min gústame engadirlle pementa negra. 


Trituramos coa batidora e pasamos por un pasa purés se non gústache atopar fibra, eu prefiro só coa batidora. 


Pois xa temos a nosa crema de grelos.

Suxestións

Como conservar os grelos (e así desfrutar deles todo o ano):

O primeiro é escoller, lavar e cortar os grelos. Despois escanchámolos (en auga moi quente durante 2-3 minutos) e escorremos moi ben para que non teñan auga.

A partir de aquí podemos escoller como gardalos. Temos 3 opcións:

CONXELALOS directamente estirados en bolsas para conxelar con cremalleira.

EMBALALAS EN BALEIRO: aquí o importante é que ao aspirar deixemos espazo suficiente na bolsa para que o exceso de auga non desborde.

Tamén podemos facer unha CONSERVA sinxela que consiste en que cando estean cocidos, despois de arrefrialos e embotalos, poidamos poñelos nun baño de auga durante uns 20 minutos.

Non hai escusa, podemos ter grelos todo o ano.

Ingredientes

Un feixe de grelos frescos ou 500 g de grelo en conserva. 

1/2 litro de leite enteiro 

3 queixiños (tipo O Caserio) 

1 cebola pequena 

2 patacas medianas 

1 porro, só a parte branca, se é pequeno, empregaremos 2. 

3 culleres de aceite de oliva virxe 

extra Sal e pementa negra recentemente moída (ao gusto)

CESTA_edited.png