top of page
Seitura

Ensalada de polo, piña e cacahuete

Updated: Dec 18, 2019

Ensalada de polo, piña e cacahuetes
Ensalada de polo, piña e cacahuetes

Unha ensalada refrescante e saborosa. Podemos facela con espinacas, pero podes facer esta ensalada coa leituga que máis che guste, cun mezclum, con mostazas ou cunhas endibias.

Pode ser un entrante ideal para calquera día da semana, e tamén podes gozala en calquera época do ano, pois ao cociñar o polo e a piña, pode servirse como ensalada tépeda, pero entón si que será necesario escoller follas verdes que non se estraguen coa calor, como a leituga iceberg, as mencionadas espinacas e as endibias.

Ingredientes (4 comensais) 200 gramos de espinacas frescas 1 ou 2 pechugas de pito (segundo tamaño) 1 piña natural 50 gramos de cacahuetes fritos 4 rabanitos aceite de cacahuete mestura de cinco pementas. Para o aderezo ½ cebola tenra 10 follas de hierbabuena 60 mililitros de aceite de oliva virxe extra 10 mililitros de aceite de cacahuete

Elaboración Pela a piña e córtaa en dados retirando a parte dura do centro, trocea as pechugas de pito, lava as espinacas e escúrrelas ben e lava e curta en finas rodajas os rabanitos.

Pon un pouco de aceite de cacahuete nunha tixola e cando estea quente engade a piña, sazona coa mestura de pementas, sichimi (se queres un toque picante) e sal. Unha vez que a piña estea lixeiramente dourada, retíraa e reserva.

Na mesma tixola feixe as pechugas de pito, se é necesario engade un pouco de aceite de cacahuete, faino a lume forte para que se doure ben e cando case estea feito, incorpora os cacahuetes fritos. Retira da tixola e reserva.

Prepara o aderezo, pon no vaso da batidora a cebola troceada, as follas de hierbabuena, os dous aceites e sal ao gusto, tritura ata que emulsione.


5 views0 comments

Recent Posts

See All

Comentários


bottom of page