top of page

CREMA DE GRELOS

Updated: Dec 18, 2019


Crema de grelos
Crema de grelos

Para 2 persoas precisaremos:

Un feixe de grelos frescos ou 500 g de grelo en conserva. 1/2 litro de leite enteiro 3 quesitos (tipo O Caserio) 1 cebola pequena 2 patacas medianas 1 porro, só a parte branca, se é pequeno, empregaremos 2. 3 cucharadas de aceite de oliva virxe extra Sal e pementa negra recentemente moída (ao gusto)




Poremos unha cazuela con abundante auga con sal (ao gusto) e un chisco de bicarbonato (a puntita do coitelo) leste axudará a fixar a cor dos grelos, este truco vale para as demais verduras como as espinacas ou as acelgas. Cando comece a ferver, cocémolos de cinco a dez minutos. Refrescamos en auga fría, os escurrimos ben e reservamos. Nesta crema non é necesario cocer moito a verdura pois logo van cociñarse uns minutos máis. No caso do lacón con grelos é distinto, veredes como manteñen toda a súa cor achegándolle frescura e o seu característico sabor. Lémbrovos que as súas follas de cor verde intenso e fibrosas, é gran aliado dunha cociña sa polo seu alto contido en auga e fibra, hidratos de carbono, proteínas e moi baixo en calorías.

Unha vez que temos os grelos cocendo, cortamos a cebola e o allo porro en fina juliana, e sofreímos todo nunha cazuela a lume medio con tres cucharadas de aceite de oliva virxe extra a lume medio. Pelamos e picamos as patacas en dados pequenos, canto máis pequenos mellor, así se pasan antes e engadímolos á cazuela co leite enteiro. Deixamos quentar e cando empezo a ferver engadimos uns queixiños, estes vanlle a deixar o puré moi cremoso. Deixamos que se cociñe ata que empeza a burbujear, que está a piques de ferver pero non arrinca, e cando vemos que as patacas comezan a desfacerse engadimos as follas dos grelos xa cocidas que temos reservadas. Seguimos cocendo todo xunto uns 10 minutos. Probamos se está ben de sal e rectificamos se é necesario, a min gústame engadirlle pementa negra. Trituramos coa batidora e pasamos por un pasa purés se non gústache atopar fibra, eu prefiro só coa batidora. Fácil, verdade? Pois xa temos a nosa crema de grelos.

Esta crema podémonola comer así (está buenísima) pero tamén serve como base dalgún prato máis elaborado.

Por exemplo vaille moi ben o xamón crujiente como acompañamento, para iso só temos que cortar o xamón en finas lonchas e pasalo polo micro durante un minuto, controlando o crujiente cada 30 segundos para non pasarnos. Partímolo en migallas e espolvoreamos por encima da crema. Se tedes uns lagostinos ou un bo anaco de rape, iralle de perlas se os preparades volta e volta á prancha. Podedes cubrir un prato fondo cunha cucharada de crema e o marisco por encima. Ideas moitas.



20 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page