
A nosa berza é especialmente rica en calcio, así que hai que probala da forma máis tradicional de Galicia.
Non esquenzades que o caldo tamén se pode usar para unha sopa, que con estas temperaturas deixará ao corpo máis que tonificado.
Ingredientes (para 4):
1 kg de repolo branco.
4 chourizos
2 ósos de xamón grandes.
2 patacas medianas
Auga e sal
Allo, pimentón (doce e picante) e aceite de oliva.
Elaboración:
Nun pote grande poñemos os chourizos e o xamón, tapámolo con auga e poñémolo ao lume. Deixamos ferver uns 40 minutos, ata que o caldo teña sabor, probamos e engadimos sal (deixa que a carne ferva durante un tempiño para non arriscarme a pasar o sal, é máis sinxelo saber canto botar cando xa sabes o sabor que queda no caldo).
Lavamos ben as follas de repolo e picamos coa MAN. Din que esta verdura amarga se a cortamos cun coitelo. Unha vez picada engadímola ao pote, engadimos unhas patacas cortadas en tacos grandes e deixámolo facer ata que a pataca estea tenra.
Fervemos todo.
Escorremos (sen tirar o caldo) e no momento de servir poñemos a verdura coa pataca, sobre ela colocamos un pouco de allo cru picado, pimentón doce e / ou picante ao gusto e unha chuvia de aceite de oliva. Acompañamos cun anaco de xamón e chourizo.
COMPRA OS INGREDIENTES
Comentarios