OS CUPÓNS
Son códigos de texto ou números que se inxiren no campo "Canjee su cupón" cando entras no teu carriño.
Poden aplicar descontos ou eliminar gastos de envío.
Lembra empregar o código axeitado tal e como o ves no cupón:
PRIMEIROENVÍO (se é o teu primeiro pedido)
ENVÍOGRATIS (Se fas o pedido mínimo)
En seitura.net/tenda con cada compra podes conseguir puntos.
Agradecemos a fidelidade dos nosos clientes con este sistema de puntos para mercar na nosa tenda en liña. Puntos que despois poden converterse en descontos para compras futuras.
Cando realice un pedido, o importe total do pedido, excluídos os gastos de envío e outros cupóns, utilizarase para calcular a cantidade de puntos gañados.
Cada euro da compra converterase en 1 punto.
Estes puntos acumúlanse na conta de puntos de compra de cada usuario, asociados ao seu correo electrónico. Se ten varias contas, non se poden compartir puntos entre todos.
Todos os puntos pendentes pódense consultar na sección de recompensas da conta de cada usuario e estarán alí ata que se intercambien polo correspondente desconto en euros. O importe dos puntos permanecerá na conta durante un tempo ilimitado desde a data de compra.
Podes canxear o desconto durante a formalización do pedido. So tés que introducir o código como no apartado anterior.