CONDICIÓNS DE COMPRA E ENVÍO
Compra
Compra
A tenda online abre os luns (enviaremos un recordatorio aos grupos e usuarios que o soliciten e pódese mercar ata o martes ás 23h.
Os pedidos, salvo en datas excepcionais, entréganse os xoves pola tarde en Betanzos e tamén os xoves pero pola maña en A Coruña e contorna.
Para calquera incidencia, póñase en contacto con Seitura por teléfono (Monica: 616639439) ou por correo electrónico (seitura.agricultura.ecoloxica@gmail.com).
Pago
O pago é necesario antes do envío
O pago pódese realizar con tarxetas de crédito e débito.
Os datos da súa tarxeta serán necesarios para realizar a solicitude.
O cargo na súa conta faráse de xeito inmediato polo importe da compra e o custo do envío se é o caso.
Envío
Por mor da Covid-19 neste intre dispoñemos de 2 modalidades de entrega:
-
Puntos de recollida
-
Entrega a domicilio
Pesos e cantidades
Os pesos dos produtos son estimados
Como a venda se realiza antes da recollida, non podemos garantir un peso exacto do produto. Nalgúns casos a venda faise por unidades ou paquetes.
Se o peso do produto e moi inferior aos pesos mínimos indicados na ficha do produto faremos un reembolso á súa conta, previa solicitude.
Se o seu peso é superior, obterán ese produto extra de balde.