top of page
CESTA_edited.png
logo_v3-16.png

Seitura

Agricultura e gandeiría sostible

Son Mónica, unha produtora local e o meu obxectivo é conseguir comida de alta calidade, ecolóxica e sostible.

 

Penso que a principal responsabilidade de SEITURA é rexenerar a nosa paisaxe, incorporar procesos que construan solos ricos e que xeneren ecosistemas.

Propoñemos unha gandeiría baseada en pasto, sostible, ecolóxica e parte activa da rexeneración da nosa paisaxe.

Desexamos un proxeto escalable e rendible. 

 

Para isto dispoño de case 2 hectáreas nas que establecemos a nosa horta, as froiteiras, unha granxa artesá de galiña de Mos e outras estruturas como composteiros, almacéns, espazos de limpeza e o viveiro onde producimos a nosa propia planta.

Bourguignonne-COLLAGE.jpg

Os nosos produtos son cultivados de xeito ecolóxico pero o mellor e mais importante é que saen da horta xustiño para ir á túa mesa. O mellor do ecolóxico o saboreas se ademais é de proximidade.

logo_v3-16.png
As nosas redes sociais

Onde estamos

PADERNE, PARAISO ENTRE RÍOS

O Concello de PADERNE está situado nun enclave excepcional, dentro da Reserva da Biosfera das Mariñas coruñesas e terras do Mandeo.

"A calidade dos solos e o seu clima temperado con influencia mariña, con temperaturas suaves e precipitacións moderadas, así como a súa posición estratéxica nas proximidades da cidade da Coruña, condicionan a agricultura hacia as producións en fresco."

"A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo conta con incribles paraxes naturais protexidas, bosques e montes, lagos, encoros e tranquilas rías. Dentro da nosa Reserva existen Espazos Naturais Protexidos (ZEC) incluídos na Rede Natura 2000, ademais doutras pequenas áreas naturais."

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram

Os nosos produtos:

craega.jpg

O Craega é o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Pertencemos a este organismo co número de operador: GA/03118/PV 

Estado: CERTIFICADO ECOLÓXICO

logo slowfood.jpg
bottom of page